meroítico -ca

meroítico -ca

(< topónimo Meroe)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Meroe ou ao Reino de Kuš, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Meroe ou do Reino de Kuš.

  1. s m [HIST]

    Segundo período do Reino de Kuš iniciado en 300? a C co traslado da capital de Napata a Meroe, e que finalizou en 350 ao ser conquistada por Ezana de Axum. No plano cultural, este período significou a afirmación da personalidade cuxita e a preponderancia dos elementos africanos sobre os exipcios, os gregos e os romanos. No plano político, durante este período controlouse case sempre o territorio comprendido entre a sexta catarata do Nilo e o Dodecasqueno, e mantivéronse boas relacións cos Ptolemaicos (323-330 a C) e cos romanos (30 a C- 395), menos cando foron atacados ou atacaron: submisión do Dodecasqueno por Arkamon ou Ergámenes (218-200 a C), por Adikhalamani (200?-186 a C) e pola Raíña Amanirenas (25? a C) que provocou a guerra cos romanos (25-21 a C), e que acabou coa derrota dos cuxitas.

  2. s m [LING]

    Lingua que se falou e escribiu no Reino de Kuš (750?-350 a C), aínda que só apareceu documentada nos cinco últimos séculos. A súa adscrición a unha familia lingüística resultou imposible. O material obxecto de estudo son 800 inscricións (textos reais gravados, óstraka e graffiti e, sobre todo, textos funerarios en táboas de ofrendas e estelas), que datan aproximadamente de 170 a C (o primeiro documento en meroítico xeroglífico data da época da Raíña Shanakdaknete 170?-160 a C) ata 400. Este material apareceu anotado nun alfabeto de 23 signos que adoptou dúas formas: o meroítico xeroglífico (170?- 100? a C), composto de xeroglíficos exipcios e empregado nos monumentos, e o meroítico cursivo (s II a C - 400), utilizado noutra categoría de material e que deriva do demótico exipcio.

Palabras veciñas

merogamia | merogonía | merogónico -ca | meroítico -ca | meromíctico -ca | meromixia | meromorfa