mesapio -pia
mesapio -pia
-
adx
Relativo ou pertencente aos mesapios ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo mesapio.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Antiga poboación de Puglia, de orixe probablemente iliria, emigrada no primeiro milenio a C. As primeiras noticias históricas seguras falan das súas loitas contra Tarento, a principios do s V a C. Sometidos polos romanos (280 a C), participaron, en 90 a C, na Guerra Social. A partir desta data, acelerouse a súa romanización.
-
s
m
[LING]
Lingua indoeuropea, afín ao ilirio, transplantada á Península Salentina e a unha parte de Puglia a principios do I milenio a C. Documentouse nalgunhas glosas e inscricións. Presenta oclusivas sonoras en correspondencia cunha sonora aspirada indoeuropea.