metábase
metábase
(< gr μετάβασις‘mutación’)
s
f
[LING]
Fenómeno que se dá cando unha palabra que pertence a unha determinada categoría, definida por unha función característica, pasa a desempeñar unha función que corresponde a outra categoría. Así, pequeno de o meu fillo pequeno pertence á categoría dos adxectivos, mentres que pequeno de o pequeno dos meus fillos pertence á dos substantivos. Na expresión café café a primeira palabra pertence á categoría dos substantivos e a segunda á dos adxectivos.