metabolismo

metabolismo

(< gr μεταβολή ‘mudanza’ + -ismo)

  1. s m [BIOQ]

    Conxunto de reaccións bioquímicas que se producen dentro das células dos seres vivos. Todos os organismos, desde as formas máis simples ata as formas máis complexas, dependen da realización destas reaccións para o mantemento da vida, o seu crecemento e a súa reprodución. O metabolismo pódese dividir en dous grandes grupos de reaccións metabólicas: o anabolismo, con consumo de enerxía e o catabolismo, con liberación de enerxía, ambos os dous conectados entre si por unha complexa rede de interrelacións. Os seus obxectivos son a obtención de enerxía química en forma de ATP, a formación de materia orgánica a partir da enerxía e das moléculas do medio, e a destrución destas moléculas para a obtención de enerxía.

  2. metabolismo basal [MED]

    Consumo mínimo de enerxía para manter as actividades metabólicas, que se expresa en calorías/gramo e que se mide nun individuo que se atopa en repouso físico e psíquico, a unha temperatura de 20°C e en xaxún.

  3. metabolismo enerxético [FISIOL]

    Transformación no organismo da enerxía química dos alimentos, en calor, cando o organismo está en repouso e, en traballo e calor, cando o organismo realiza unha actividade muscular.