metal
(< lat metallu)
-
-
s
m
[QUÍM]
Designación dun número elevado de elementos situados nas primeiras columnas da táboa periódica ou nos períodos de transición, con puntos de fusión e de ebulición elevados, agás o mercurio que é líquido. Todos estes elementos teñen en común unhas características denominadas características metálicas, que representan un conxunto de propiedades, como a maleabilidade, a brillantez ou a condutividade eléctrica e calórica. Tanto a densidade como o punto de fusión dos metais son moi variables. Segundo o modelo atómico orbital, os metais están formados por átomos que teñen diversos orbitais externos dun mesmo nivel de enerxía dispoñibles, pero non máis que un pequeno número de electróns para ocupalos. Nun metal, os seus electróns, como tamén os átomos, desprázanse a altas velocidades, tanto máis rápido canto máis alta sexa a temperatura. A teoría dos electróns libres nos metais explica as súas propiedades, como a condutividade eléctrica e térmica. Os tres sistemas de cristalización máis correntes son o cúbico centrado, o cúbico de caras centradas e o hexagonal. Algúns metais presentan estruturas particulares, como o mercurio e o antimonio, que cristalizan no sistema romboédrico. Outros metais, como o cromo, o cobalto, o ferro, o manganeso e o estaño, presentan o fenómeno do polimorfismo. As propiedades mecánicas dos metais melloran moito en presenza doutros elementos, metálicos ou non (aliaxe). O uso dos metais é fundamental, principalmente, no aproveitamento das súas propiedades mecánicas -capacidade de recuperación elástica (elasticidade), de absorción dos esforzos mecánicos sen deformación plástica (deformación) e de deformación plástica sen ruptura (plasticidade)-, térmicas -elevada condutividade térmica (calor), variación dimensional por efecto da temperatura (dilatación)-, eléctricas (condución) e magnéticas (magnetismo), especialmente as substancias de comportamento ferromagnético (ferromagnetismo). Ofrecen tamén a posibilidade de conformación para diversos procedementos, tanto na fase líquida coma na fase sólida, e de unión por soldadura. Na superficie da Terra atópanse os metais en forma dos seus compostos químicos, os minerais e, máis raramente en estado puro, os metais naturais.
-
s
m
Materia que ten a natureza do metal.
-
s
m
Nome xenérico dos latóns e das aliaxes de cobre, utilizado para diferencialos do ferro.
-
metal branco
[IND]
Aliaxe antifrición de aspecto abrancazado que contén entre un 70 e un 75% de cobre.
-
metal de imprenta
[IND]
Aliaxe de chumbo e antimonio que se emprega nos tipos de imprenta.
-
metal duro
[IND]
Nome xenérico das aliaxes de carburos metálicos, especialmente do carburo de tungsteno, que se empregan na fabricación de ferramentas de corte.
-
metal nobre
[QUÍM]
Metal que resiste a oxidación.
-
metal precioso
[IND]
Nome xenérico dos metais que se empregan en xoiaría.
-
non metal
[QUÍM]
Cada un dos elementos químicos, situados á dereita na táboa periódica, que non presentan as propiedades físicas e químicas dos metais.
-
s
m
[QUÍM]
-
s
m
[MÚS]
Conxunto de instrumentos de vento dunha orquestra feitos de metal.
-
s
m
Timbre da voz.
-
s
m
[HERÁLD]
Ouro ou prata que adoitan representarse respectivamente coas cores amarela e branca.
Frases feitas
-
O vil metal. Diñeiro.