metalización
(< metalizar)
-
s
f
Acción e efecto de metalizar.
-
s
f
[IND]
Operación de recubrimento da superficie dun corpo cunha capa metálica ou de aspecto metálico, con fins decorativos, de protección ou para conferirlle ao corpo propiedades específicas do metal. No caso do recubrimento de metais pódese levar a cabo por electrodeposición (galvanostexia), por inmersión (galvanización) ou por proxección do metal, cun soprete especial ou cun tubo de plasma. No caso da metalización de plásticos deposítase, por electrodeposición ou por medio de vapores metálicos, unha película metálica sobre a superficie plástica previamente preparada. Na metalización de pel e de tecidos aplícase enriba da superficie un recubrimento cun pigmento metálico ou con pos metálicos dispersados no seo do material que cobre.
-
s
f
[FÍS]
Proceso que se emprega en microelectrónica para realizar circuítos integrados, e que consiste na deposición de metais sobre semicondutores ou illantes. Os contactos que se obteñen sobre o semicondutor poden ser de tipo óhmico ou rectificador.