metanol
metanol
(< metano + - 1 ol)
s
m
[QUÍM]
Primeiro termo da serie dos alcohois alifáticos saturados, que ferve a 64,7°C e funde a -94°C. Prepárase por síntese a partir dunha mestura de CO e H2 (gas de auga), segundo a reacción CO + 2H2 "MS Gothic"; "MS Gothic" >⇋ CH3OH ou por oxidación do metano. Emprégase como disolvente, como combustible e na fabricación de anticonxelantes para automóbiles. OBS: Tamén recibe os nomes de carbinol e alcohol metílico.