metátese
metátese
(< lat metathĕse < grμετάθεσις ‘transposición’)
-
s
f
[LING]
Cambio de lugar dalgún son nunha palabra ou na cadea falada. A metátese foi un fenómeno frecuente no curso da historia lingüística do galego, tanto a vocálica (metátese do iode con certas consoantes) como a consonántica, especialmente a do r: lat CAPĬAM > caiba, DĪLŬVĬU > dioivo, ĬNTĒGRĀRE > entregar, PRO > por, ĬNTER > entre. Sincronicamente segue a darse a metátese na lingua popular: *probe por pobre, *Grabiel por Gabriel.
-
s
f
[QUÍM]
Reacción entre dous compostos con intercambio de elementos e formación de dous novos compostos, segundo a reacción: AB + CD → AD + BC. OBS: Tamén se denomina dobre descomposición.