Metro-Goldwyn-Mayer
Metro-Goldwyn-Mayer
Nome científico:
[MGM]
[IMAX]
Empresa cinematográfica estadounidense fundada en 1924 tras a fusión de Metro Picture Corporation, Goldwyn Picture Corporation e Louis B. Mayer Pictures, que se dedica á produción e distribución de filmes. O logotipo da corporación representa un león ruxindo, enmarcado por unha coroa e acompañado do lema “arts gratia artis”. Con estudios propios, dotados de amplos decorados exteriores, nun principio especializouse en musicais. En 1981 adquiriu United Artist. Das súas producións destacan Mutiny of the Bounty (1935), Gone With the Wind (1939), Singin in the Rain (1952), Ben-Hur (1959), Doctor Zhivago (1965), 2001: A Space Odyssey (1968) ou The silence of the lambs (1991).