mexacán

mexacán

(< mexar + can)

  1. s m [PLANTA]

    Planta herbácea bianual, de ata 2 m de altura, que presenta talo estriado, follas inferiores pecioladas e de segmentos lanceolados, e flores de cor branca ou rosada dispostas en umbelas axilares ou terminais. Florece entre xuño e setembro en prados e beiras de camiños. OBS: Tamén se denomina dente de león.

  2. s m [PLANTA]

    1 tarrelo.

  3. s m [PAT]

    Inflamación da terceira falanxe dos dedos.

Palabras veciñas

MeV | mevalónico, ácido | mexa | mexacán | mexada | mexadeira | Mexadoira