miao
miao
-
adx
Relativo ou pertencente aos miaos ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo miao.
-
s
m pl
[ETN]
Grupo de pobos que viven na área comprendida entre Guizhou e Yunnan en China meridional, Tailandia e Indochina (N de Vietnam e Laos), e que forman os grupos hmung, meo e h’moong, correspondentes a cada unha destas áreas. Practican a agricultura itinerante e gandaría, e viven en lugares xeralmente independentes en que rexe un líder.
-
s
m
[LING]
Grupo de linguas que falan os miao.