miastenia
miastenia
(< 2 mi- + astenia)
-
s
f
[PAT]
Astenia muscular.
-
miastenia anxioesclerótica
[PAT]
Fatiga muscular acentuada polos trastornos musculares.
-
miastenia grave
[PAT]
Enfermidade neuromuscular debida a un trastorno na transmisión do estímulo nervioso a nivel da placa neuromotriz, caracterizada por unha fatiga anormal dos músculos debido ao esforzo que representa a súa activación repetida. Os músculos máis afectados son os oculares extrínsecos, os faciais e os farínxeos. Os enfermos poden morrer subitamente por unha parada respiratoria.