mica
(< lat mica ‘miga’)
-
s
f
[MINERAL]
Mineral do grupo das micas.
-
s
f pl
[MINERAL]
Grupo dos minerais que pertencen á subclase dos filosilicatos. No caso das micas, a reunión íntima das capas de SiO 4- 4 de dous en dous e formando estratos realízase mediante ións magnesio, aluminio e hidroxilo, e os estratos únense entre eles mediante ións sodio e potasio. Todos os minerais do grupo das micas teñen simetría monocíclica, cun hábito cristalino pseudohexagonal tabular. Caracterízanse pola perfecta exfoliación basal, que dá orixe a láminas flexibles, finas e elásticas. Algunhas micas son tecnoloxicamente importantes, pois presentan unha boa resistencia mecánica e unha débil condutividade térmica (empréganse como mira para fornos); outros son bos illantes eléctricos.
-
mica branca
[MINERAL]
moscovita.
-
mica de cobre
[MINERAL]
calcofilita.
-
mica negra
[MINERAL]
biotita.