microcentral

microcentral

(< micro- + central)

s f [TECNOL]

Central hidroeléctrica de pouca potencia que aproveita cursos fluviais e saltos de auga de caudal reducido, como canais de rego ou de abastecemento. As instalacións das microcentrais, a miúdo automatizadas e accionadas por telecontrol, son máis sinxelas que as centrais de máis potencia. A crise enerxética da década de 1970 potenciou a construción ou a rehabilitación deste tipo de instalacións en todo o mundo. A UE considera dentro desta categoría as centrais dunha potencia igual ou inferior a 5 MW.

Palabras veciñas

microcasete | microcefalia | microcéfalo -la | microcentral | microcentro | microchip | Microchirus