Microsoft Corporation
Microsoft Corporation
Compañía estadounidense líder no mercado de software para ordenadores, creada en 1975 por William H. Gates III e Paul G. Allen. En 1987 ideou para a compañía IBM un sistema operativo (MS-DOS) que máis tarde vendeu a outras compañías. En 1985 creou un novo sistema operativo (Windows) que ampliaba as prestacións do anterior. Tamén deseñou programas como Word ou Excel e a linguaxe de programación C++. En 1998 o goberno de EE UU iniciou contra ela un proceso xudicial polo seu suposto monopolio do mercado, que se resolveu en 2001 coa introdución de certas restricións nos programas creados pola empresa. Desenvolve e vende unha ampla gama de produtos software tanto a organizacións como a particulares.