Midas

Midas
[MIT]

Personaxe mitolóxico, rei de Frixia e protagonista de numerosas lendas populares. Dióniso concedeulle o poder de transformar todo o que tocase en ouro, o que se converteu co tempo nun problema para o rei, xa que o xantar e a bebida, entre outras cousas, tamén se convertían en ouro. Midas suplicoulle a Dióniso que lle retirase o don e este así o fixo. Tamén forma parte do mito no que Apolo transforma as orellas de Midas en orellas de burro por preferir a música de Pan á súa.