migalomorfo -fa
migalomorfo -fa
(< lat científico Mygale, xénero de artrópodos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos migalomorfos.
-
s
m
[ANIMAL]
Artrópodo da suborde dos migalomorfos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Suborde de artrópodos, da clase dos arácnidos, que posúen dou pares de pulmóns en libro, coa unlla do quelícero articulada no mesmo plano ca o eixe lonxitudinal do corpo. Nesta suborde inclúense as mígalas. Son de gran tamaño e a maioría cazan á espreita, aínda que tamén hai especies que fabrican tea.