millerita

millerita

(< antropónimo W.H. Miller)

s f [MINERAL]

Sulfuro de níquel, de fórmula NiS. Pertence ao grupo dos sulfuros e cristaliza no sistema romboédrico. É de cor amarela e ten brillo metálico. Ten unha dureza de 3-3,5 e unha densidade de 5,5. Presenta cristais alongados agrupados en feixes e a súa característica máis destacada é a fibrosidade.