mineralización

mineralización

(< mineralizar)

  1. s f [XEOL]

    Acción e efecto de mineralizar ou mineralizarse.

  2. s f [BIOL]
    1. Impregnación mineral da parede celular de certos vexetais (como por exemplo diatomeas, de SiO 2 ou CO 3 Ca) ou animais (como os artrópodos, de quitina).

    2. Transformación bacteriana das substancias orgánicas do solo, pola que o nitróxeno e o fósforo destas substancias pasan a ser inorgánicos e se solubilizan.