mir*

mir*
s m [HIST]

Comuna labrega rusa, de orixe medieval e base familiar, que se caracterizou pola posesión e traballo colectivo das terras e pola distribución periódica (normalmente cada tres anos) das mesmas. Estas comunas mantiveron co estado e cos kulaks vinculacións de tipo feudal (ss XVI e XVII) e continuaron existindo aínda despois da abolición da servidume (1861) e ata a Revolución Rusa (1917).

Palabras veciñas

Mique, Richard | miquelete | Mir | mir* | mīr* | Mir, Francisco | Mir, Paco