Miraflores, pazo-torre de

Miraflores, pazo-torre de

Construción situada en Padriñán (Sanxenxo). Construíuse no s XVII, anexado a unha torre da mesma época. Presenta unha planta en forma de L con dous corpos diferenciados, de distinta altura; o máis alto ten remate con ameas e leva na fronte un escudo de armas, así como diversos elementos decorativos como gárgolas ou pináculos. O conxunto complétase cun patio, ao que se accede a través dun portalón con ameas, un hórreo de nove pés e un pombal. Foi propiedade de Emilia Pardo Bazán.