Mirapeixe, pazo de

Mirapeixe, pazo de

Construción situada en Outeiro de Rei. Realizada en cachotaría coa cuberta de lousa, trátase dun edificio de planta angular, cun pequeno engadido irregular nun extremo da á menor. Destacan as terrazas, as escalinatas e as ramplas situadas arredor do pazo, aproveitando a pendente do terreo.