morena

morena

(< fr moraine)

s f [XEOL]

Acumulación de materiais caídos diante dun glaciar, que son transportados durante un certo tempo e, finalmente son depositados. Estes materiais detríticos como areas, coios e bloques de diversos minerais, proveñen da fragmentación das rochas das montañas próximas polo efecto do xeo e desxeo (xelivación), e outros tipos de erosión. Unha parte dos sedimentos transportados son tamén consecuencia da propia erosión do glaciar sobre as paredes e o chan. A causa da forte presión que o xeo exerce sobre o leito e as paredes do glaciar, os sedimentos presentan a miúdo caras moi estriadas. Hai diferentes tipos de morenas, e clasifícanse segundo criterios diversos, como a situación en relación co glaciar, a situación despois da sedimentación ou a estrutura particular.