moreno -na
moreno -na
(< cast moreno)
-
adx
Que é de cor escura.
Ex: A pel morena pode estar máis tempo ao sol sen protección ca a pel branca.
-
adx e s
Que ou quen ten o cabelo de cor negra ou escura.
Ex: Ten un pelo moreno natural. A morena que está á esquerda é a moza de meu irmán.
-
adx e s
Que ou quen é negro ou mulato.
Ex: Ese cantante moreno de rap ten moito éxito. Aquela morena cantaba jazz como os anxos.
-
s
m
Ton escuro da pel que se adquire tras unha exposición prolongada ao sol.
Ex: Cando collo o moreno dúrame para todo o verán.
-
s
m
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘monte’; e termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘pote’.