morgado -da

morgado -da

(< lat v *maioricātu)

  1. s m [HIST]

    Institución da Idade Media que establecía que un determinado número de bens do patrimonio familiar era considerado unha unidade inalienable para asegurar a orde sucesoria que se baseaba na herdade do primoxénito co fin de evitar o reparto de terras e o debilitamento das familias máis poderosas. Naceu no s XII como concesión real para perpetuar os bens dunhas liñaxes determinadas ata que no s XVI, mediante as leis de Toro (1505), foi ordenada xuridicamente. Desde finais do s XVIII quedou limitada e por mor dos desequilibrios sociais que provocaron as grandes concentracións, aboliuse en 1828.

  2. s m

    Patrimonio dunha familia que herda o fillo maior.

  3. s

    Fillo maior herdeiro dos bens  que pertencen á familia.

  4. s

    Fillo único.