moribundo -da

moribundo -da

(< lat moribundu)

  1. adx e s

    Que ou quen está morrendo ou moi próximo á morte.

    Ex: Salvou a un home moribundo que atopou na rúa. A moribunda non foi capaz de facer declaracións.

  2. adx e s

    Que ou quen perdeu as súas forzas, a vitalidade ou as súas calidades.

    Ex: Tiña un aspecto moribundo e desaliñado. Desde que morreu seu pai converteuse nunha moribunda.

Palabras veciñas

Morgenstern, Christian | Morgenstern, Oskar | moria | moribundo -da | morica | morico | Móricz, Zsigmond