moroso -sa

moroso -sa

(< lat morōsu)

  1. adx e s

    Que ou quen se retrasa no pago dunha débeda.

    Ex: Nunca tiven un cliente moroso. O moroso marchou sen pagar.

  2. adx

    Que actúa ou obra con lentitude.

    Ex: Cunha actitude morosa no traballo nunca ascenderás.

  3. adx

    Que transcorre lentamente ou que se demora.

    Ex: Os días antes das vacacións discorren morosos.

Palabras veciñas

morónido -da | Moronobu, Hishikama | morosidade | moroso -sa | morote | moroteira | Moroto