morrer

morrer

(< lat v *morīre)

  1. v i

    Deixar de vivir. Na tradición oral recóllense ditos como: “Está a vella morrendo e está aprendendo. No nacer e no morrer todos iguais temos que ser. O que a ferro mata a ferro morre. Tanto morre o papa coma o que non ten capa”.

    Ex: O pai de miña nai morreu moi novo. As galiñas morreron dun susto ao ver o lobo.

    Sinónimos: falecer, fenecer, ficar.
  2. v i
    1. Chegar algo á súa fin.

      Ex: Fomos paseando polo monte ata onde morría o camiño.

    2. Perder algo a forza e o vigor.

      Ex: É mellor que morra o lume antes de que nos deitemos na tenda de campaña. Estes pexegueiros morren todas.

  3. v i

    Ter ou sentir algo con moita intensidade. OBS: Úsase seguido da preposición de.

    Ex: Milleiros de persoas morren de fame. Morre de amor por ela.

  4. v i

    Desexar intensamente algo. OBS: Úsase seguido da preposición por.

    Ex: Gústalle ir moito por este bar porque morre polas patacas fritidas que poñen. Morría por estar ao lado de súa nai.

Frases feitas

  • 2 Cambiar de asunto na conversa.

  • 3 Pechar un trato.

  • Morra o conto! 1 Pór fin a unha conversa.

  • Morrer á miñoca. Morrer de fame.

  • Morrer coma un can/Morrer sen ter quen pida por un. Morrer só e abandonado.

Conxugar
VERBO morrer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morro
morres
morre
morremos
morredes
morren
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morría
morrías
morría
morriamos
morriades
morrían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morrín
morriches
morreu
morremos
morrestes
morreron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morrera
morreras
morrera
morreramos
morrerades
morreran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morrerei
morrerás
morrerá
morreremos
morreredes
morrerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morrería
morrerías
morrería
morreriamos
morreriades
morrerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morra
morras
morra
morramos
morrades
morran
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morrese
morreses
morrese
morresemos
morresedes
morresen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morrer
morreres
morrer
morrermos
morrerdes
morreren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
morre
-
-
morrede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morrer
morreres
morrer
morrermos
morrerdes
morreren
Xerundio morrendo
Participio morto
morta
mortos
mortas