Morris

Morris
[AUTOM]

Marca de automóbiles fundada en 1913 por William Morris en Oxford. Produtora de bicicletas nun primeiro momento, en 1920 cambiou a súa actividade e na década de 1930 converteuse na maior produtora de automóbiles do Reino Unido. O modelo máis famoso foi o Mini, creado en 1948. Forma parte do grupo British Leyland Motor Corporation, que en 2001 se integrou no grupo Bayerische Motoren Werke (BMW).