morse
morse
(< antropónimo S. F. B. Morse)
-
s
m
Sistema de signos que utiliza un alfabeto formado por puntos e raias e que se emprega en telegrafía.
-
alfabeto Morse
[COMUN]
Código telegráfico introducido por S. F. B. Morse e empregado no seu telégrafo, que asigna a cada letra do alfabeto e a cada cifra un sinal formado por unha sucesión de impulsos de dúas duracións diferentes: curta, denominados puntos, e longa, denominados raias. No telégrafo primitivo empregábase un interruptor manual denominado manipulador. Modulando un oscilador de alta frecuencia, pode ser aplicado na telegrafía sen fíos.