Mosquitos, costa de Los

Mosquitos, costa de Los

Costa baixa do mar das Antillas, que desde o río Patuca, Honduras, esténdese uns 500 km, cunha anchura de 175, ata Bluefields, Nicaragua. Foi descuberta por Cristovo Colón en 1502 e, xunto con escravos africanos e os indíxenas formouse unha poboación zamba. Os caciques da nova poboación atacaron o dominio británico en 1687 e, en 1786, o dos casteláns. No Convenio de Managua (1860), Reino Unido e EE UU recoñeceron a súa dependencia de Nicararagua. En 1895 a parte do norte pasou a Honduras.