mostaza
(< lat mustacĕu ‘de mosto’)
-
[PLANTA]
-
s
f
Planta herbácea anual, de ata 80 cm de altura, que presenta follas liradas e pinnatipartidas, flores de cor amarela agrupadas en inflorescencias en acio e froito en sílicua curta provista dun longo bico. Crece en campos e en ermos. OBS: Tamén recibe o nome de mostaza branca.
-
mostaza brava [Sinapis arvensis, Fam das brasicáceas]
Planta herbácea anual, de 30 a 80 cm de altura, de follas híspidas, as inferiores liradas e as superiores lanceoladas e dentadas, de flores amarelas, dispostas en acios, e de froitos en sílicua terminados en punta. Dáse en terras de cultivo, en case toda Europa; en Galicia florece entre maio e setembro.
-
mostaza negra [Brassica nigra, Fam brasicáceas]
Planta herbácea anual, de ata 100 cm de altura, que presenta as follas inferiores liradas e as superiores lanceoladas e dentadas, flores de cor amarela agrupadas en inflorescencias en acios, e froito en silícua. Habita en campos e en lugares incultos. As sementes úsanse na preparación da salsa de mostaza.
-
s
f
-
gas mostaza
[QUÍM]
iperita.
-
mostaza nitroxenada
[MED]
Derivado da iperita no que se substitúe o xofre por nitróxeno, para evitar o efecto tóxico vesicante. Permite obter efectos biolóxicos sobre diferentes tumores. Da mostaza nitroxenada clásica (mecloretamina) derívanse outras menos tóxicas como quimioterápicos antineoplásticos para o tratamento de tumores.
-
salsa de mostaza
[ALIM]
Salsa pastosa elaborada a base da semente (enteira, triturada ou moída) da mostaza negra e sazonada con vinagre, que se emprega como condimento.