mostrar

mostrar

(< lat mostrāre)

  1. v t

    Poñer algo de xeito que se vexa.

    Ex: Mostrareivos todas as maquetas que temos.

    Sinónimos: amosar, ensinar.
  2. v t

    Deixar ver ou manifestar un sentimento, calidade ou actitude.

    Ex: Mostrou moita curiosidade polo tema. Mostrounos moito cariño.

    Sinónimos: amosar, demostrar, denotar.
  3. v t

    Dar a coñecer unha cousa.

    Ex: Mostroulle como preparar as filloas.

    Sinónimos: ensinar, explicar, indicar.
  4. v pron

    Facerse algo visible.

    Ex: Mostrouse tal e como era.

    Sinónimos: amosar, manifestar.
  5. v pron

    Manifestar unha determinada calidade, actitude ou sentimento.

    Ex: Mostrouse reticente a facer ningún comentario. É mellor que te mostres como es.

    Sinónimos: amosar.
  6. v pron

    Ter algo un determinado aspecto.

    Ex: A situación mostrábase moi perigosa.

    Sinónimos: amosar, presentar.

Palabras veciñas

Mostra Unión Fenosa | mostrador -ra | mostral | mostrar | mostrario | mostraxe | mostreiro
Conxugar
VERBO mostrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mostro
mostras
mostra
mostramos
mostrades
mostran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mostraba
mostrabas
mostraba
mostrabamos
mostrabades
mostraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mostrei
mostraches
mostrou
mostramos
mostrastes
mostraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mostrara
mostraras
mostrara
mostraramos
mostrarades
mostraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mostrarei
mostrarás
mostrará
mostraremos
mostraredes
mostrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mostraría
mostrarías
mostraría
mostrariamos
mostrariades
mostrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mostre
mostres
mostre
mostremos
mostredes
mostren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mostrase
mostrases
mostrase
mostrasemos
mostrasedes
mostrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mostrar
mostrares
mostrar
mostrarmos
mostrardes
mostraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
mostra
-
-
mostrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mostrar
mostrares
mostrar
mostrarmos
mostrardes
mostraren
Xerundio mostrando
Participio mostrado
mostrada
mostrados
mostradas