Moucho Clerck, O
Moucho Clerck, O
[ESPECT]
Compañía profesional de teatro creada en Santiago de Compostela por Quico Cadaval, Xavier R. Lourido e Xan Cejudo, que realizaba as funcións de director de escena. Dos seus espectáculos cómpre destacar Un Códice Clandestino (1989), de Quico Cadaval, O Rouxiñol da Bretaña (1991) ou Da Vinci levaba razón (1987), de Roland Topor.