mouraría

mouraría

(< mouro)

s f [HIST]

Área urbana ou rural na Península Ibérica habitada e controlada por poboación mudéxar e despois mourisca. Os diversos pactos de capitulación concertados co avance da Reconquista a partir do s XII estipularon a presenza da poboación anterior mudéxar, que superou durante moito tempo á cristiá, por iso o termo “mouraría” non apareceu nas poboacións afectadas ata o s XIV. Como no caso do barrio xudeu, a mouraría constituía o espazo urbano, e os seus habitantes formaban a alxama. A partir do s XV, sobre todo, foron converténdose nun corpo estraño dentro da sociedade cristiá e orixe do problema mourisco.

Sinónimos