Movimento Sociale Italiano
Movimento Sociale Italiano
Nome científico:
[MSI]
Partido político neofascista italiano, creado en 1947, que se baseou nos postulados da República Social Italiana. Entre 1948 e 1993 tivo representación parlamentaria, pero foi excluído das alianzas do goberno ata o afundimento do sistema de partidos políticos italianos da posguerra. Integrado en 1994 na coalición Polo delle Libertà, cambiou o nome polo de Alleanza Nazionale e conseguiu algún ministerio no goberno xurdido nas eleccións de marzo. En 1995 o partido renunciou explicitamente ao antisemitismo e aos elementos máis antidemocráticos do fascismo.