mucopolisacárido
mucopolisacárido
(< muco- + polisacárido)
s
m
[BIOQ]
Polisacárido que resulta da condensación dunha molécula de hexosa ou ácido hexurónico, asociado a unha molécula de hexosamina, portadora ou non de grupos sulfato. Os mucopolisacáridos atópanse unidos por enlaces electrovalentes coas proteínas. Son de carácter ácido, pola presenza de ácido hexurónico. Caracterízanse pola condensación de unidades disacáridas unidas por enlaces lábiles en proteínas. Forma parte do tecido conxuntivo e cartilaxinoso e o seu carácter polianiónico explica o seu papel fixador de catións, sobre todo de calcio e de proteínas.