mufla

mufla

(< fr moufle)

  1. s f [QUÍM]

    Recipiente metálico ou de material refractario, semicilíndrico, que preserva os corpos que contén cando se coloca nun forno dos cambios de temperatura ou da oxidación do aire, mufla de atmosfera inerte.

  2. s f [TECNOL]

    Semicilindro oco ou en forma de copa, de terra refractaria, en que a carga está totalmente illada da atmosfera exterior e que se quenta por combustión ou electricidade. Emprégano os pintores de porcelana para vitrificar as cores expoñéndoas ao lume ou para conseguir a fusión de diversos corpos.