Mujeres Libres

Mujeres Libres

Organización feminista e libertaria creada entre 1936-1938 arredor da revista do mesmo nome, que apareceu primeiro en Madrid e despois en Barcelona. Constituíuse formalmente como federación nacional en València en agosto de 1937, e reuniu unhas 20.000 mulleres e 150 agrupacións. Defendeu un feminismo proletario, polo que a liberación das mulleres era inseparable da loita obreira, e criticou especialmente as tradicionais concepcións anarquistas sobre o amor libre e a sublimación da maternidade. En Galicia tivo unha mínima difusión, e creouse unha sección na Coruña que formou parte no Congreso Confederal de Zaragoza celebrado en maio de 1936. Entre as súas compoñentes, figuraron Sebastiana Vitales e Laura López, outrora integrantes do grupo da FAI denominado Vanguardia Femenina.