multiplexaxe
multiplexaxe
(< múltiplex)
s
f
[COMUN/INFORM]
Técnica que permite, en sistemas teleinformáticos, transmitir distintos sinais por medio dunha canle única, ben empregando cadansúas frecuencias portadoras e filtrando o sinal desexado no momento da recepción (multiplexaxe por división de frecuencia), ben tomando mostras dos diferentes sinais, transmitindo os valores correspondentes por unha soa canle e separando os distintos sinais no momento da recepción (multiplexaxe por división de tempo). OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].