Munio/Munia
Munio/Munia
[ONOM]
Antropónimo de orixe descoñecida. Para algúns estudosos provén do latín Munis ‘servizal’, outros relaciónano co éuscaro muño ‘outeiro’, outros co árabe munia ‘horta, xardín’ e outros subliñan un nome ibérico de persoa, Munus. Presenta a variante Monio. Na Idade Media foi un nome moi frecuente, e podía presentar diversas formas, como Munnio, Monio, Munna ou Munnia. San Munio, irmán de san Rosendo, é titular da parroquia de Veiga (A Bola).