Murano
Murano
Antigo municipio de Véneto (Italia) incorporado desde 1923 á cidade de Venecia. Estableceuse sobre cinco illas separadas por un gran canal e por ríos menores. Conta cunha industria moi importante de vidros desde o s XIII, momento en que os fornos de vidro situados en Venecia foron trasladados a Murano para evitar perigos na cidade. Desde o s XV fabrícase cristal de cor, e no s XVI obtívose o cristal filigranado. Do seu patrimonio artístico destaca a basílica de Santa Maria (ss VII-XII), decorada con ricos mosaicos.