murmurio

murmurio

(< lat tardío murmurĭu)

  1. s m

    Ruído suave e confuso que produce unha corrente de auga, as follas movidas polo vento ou un conxunto de persoas falando.

    Sinónimos: rumor.
  2. s m

    murmuración.

  3. [FISIOL]
    1. s m

      Ruído grave e suave que se oe nalgúns lugares do corpo por auscultación.

    2. murmurio vesicular

      Ruído fisiolóxico que se oe ao auscultar o aparato respiratorio dun individuo que respira normalmente e non ten ningunha lesión torácica.