muro
(< lat muru)
-
[CONSTR]
-
s
m
Parede grosa que soporta o peso dun edificio ou que limita verticalmente o interior.
-
s
m
Construción vertical erguida a partir da superposición de elementos resistentes como a pedra, unidos ou non por argamasa, que se emprega para pechar un espazo, para soster unha estrutura ou incluso con carácter defensivo.
Sinónimos: valado, valo. -
muro de contención/de sostemento/de revestimento
Muro destinado a soportar a presión de terras, especialmente as dun terraplén. A forza activa sobre a parte vista é compensada coa pasiva das que quedan enterradas, e ás veces con ancoraxes a distintos niveis.
-
muro frontal
Parede dunha volta que cerra os extremos.
-
muro pantalla
Muro que protexe contra a forza ocasional das augas ou do vento.
-
s
m
-
s
m
[XEOL]
Parte inferior dun estrato no seu estado orixinario. Este estrato, a causa de accións tectónicas, pode dar volta e entón o que aparentemente é o muro é realmente o teito.
-
s
m
[HERÁLD]
Figura en forma de faixa cos intersticios das pedras destacados en cor diferente. Fálase de parte de muro cando a muralla é abscisa e ten unha torre nun extremo.
-
[CONSTR/ARQUIT]
-
muro cortina
Parede que constitúe, na fachada dos edificios feitos de ferro e formigón armado, unha especie de cortina exterior que disimula os elementos estruturais da construción. Faise xeralmente con elementos prefabricados realizados con materiais moi lixeiros, como o vidro, o aceiro ou o aluminio.
-
muro de carga
Parede que se destina a soportar o empuxe dunha parte da construción, nun edificio ou templo.
-
muro cortina
-
muro das lamentacións
[RELIX/HIST]
Parede de pedras grosas, que é o que resta dos muros do antigo templo de Salomón, en Xerusalén, onde os venres se reúnen os xudeus para chorar pola destrución de Xerusalén e a diáspora do seu pobo, seguindo un costume que se remonta ao s I.