Muros, porto de

Muros, porto de

Porto situado no extremo N da ría de Muros e Noia, ao NL do punto máis sobresaínte da entrada da ría, no monte Louro. É o máis importante do seu distrito pesqueiro e contabiliza 160 unidades de diferentes tipoloxías de embarcacións. A sinalización é boa así como o abeiro proporcionado ás embarcacións. As especies máis comúns que desembarcan son as típicas da pesca de arrastre, como polbo e cigalas. Está dotado de capitanía marítima e, aínda que basicamente é pesqueiro, conta cunha escola de vela municipal que funciona nos meses estivais.