muscicápido -da

muscicápido -da

(< lat científico Muscicapa)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos muscicápidos.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da familia dos muscicápidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ORNIT]

    Familia de aves, da orde dos paseriformes, de entre 10 e 35 cm que presentan o bico ancho na base, un pouco aplanado, co extremo superior lixeiramente ganchudo e circundado de vibrisas. Son de patas curtas, con dedos febles e a parte anterior dos tarsos escamosa, e teñen 10 rémixes principais e 12 temoneiras. Aliméntanse de insectos que cazan lanzándose ao aire. Habitan en Eurasia, África, Australia, Madagascar, Nova Zelanda, Melanesia e Hawaii.

Palabras veciñas

Muschelkalk | Muschg, Adolf | Muscicapa | muscicápido -da | muscícola | múscido -da | musciforme