Museo da Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo
Museo da Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo
Museo fundado en 1990 e situado na colexiata de Santa María do Campo, na Coruña. Dirixido polo abade da colexiata, atópase nun edificio proxectado por Manuel Gallego Jorreto. Pertence ao Consello Galego de Museos. Acolle unha colección de ourivaría, especialmente pezas de prata procedentes de toda España, así como imaxes e ornamentos sagrados dos últimos cinco séculos.