Museu Nacional d’Art de Catalunya MNAC

Museu Nacional d’Art de Catalunya MNAC

Institución creada en 1934 en Barcelona baixo o goberno da Generalitat. Con sede no Palau Nacional de Montjuïc, o Museu d’Art de Catalunya inicialmente amosaba ao público a evolución das artes plásticas en Catalunya desde o prerrománico ata a época moderna e pretendía converterse nun centro activo da investigación e da divulgación da arte catalá. Cerrado en 1937, foi reaberto en 1941, sen as obras dos dous últimos séculos, que constituíron o Museu d’Art Modern Barcelona (1945). Consta de tres grandes seccións, a de arte románica, a de arte gótica e a do Renacemento e o Barroco. A partir da promulgación da lei de museos catalá (1990), adquiriu a categoría de nacional e volveu integrar o Museu d’Art Modern xunto co Gabinet Numismátic e a Biblioteca dels Museus d’Art de Barcelona. É xestionado por un organismo autónomo con representación da Generalitat de Catalunya e do concello de Barcelona.