mustalita

mustalita

(< antropónimo al-Musta’li)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos mustalitas.

  2. s [RELIX]

    Membro da seita islámica mustalita, rama do ismailismo. Esta seita naceu a raíz da sucesión do califa fatimita al-Mustanṣir (morto en 1094), cando o seu fillo pequeno, al-Musta’lī, fixo executar o seu irmán máis vello Nizār e ao fillo deste. O último imán dos mustalís, o califa al-Āmir, foi asasinado en 1129. A seita, xa desde o s XII, espallouse cara a India.