muwaxaha
muwaxaha
s
f
[LIT]
Forma poética árabe desenvolvida na España musulmá e escrita en lingua culta ou en hebreo. Tratábase dunha cantiga amorosa composta por poetas cultos arábigoespañois ou hispanoxudeus dos ss XI, XII e XIIII. O nome do xénero procede etimoloxicamente do participio pasado do verbo wassaha ‘enfeitar con cinto de dobre volta, envolvido en pedras preciosas’. Na última estrofa (tamhid) ía a kharxa, que era estruturalmente igual ao estribillo (matla) pero cun notable contraste retórico e lingüístico en relación ao resto do poema, ao estar escrito nas variedades vulgares do árabe ou hebreo e mesmo en romance (mozárabe).